Baseándonos na experiencia dos 24 camiñantes que fixeron a primeira andaina de 100 en xuño do 2013 polos concellos de Boiro, Lousame, Porto do Son, A Pobra do Caramiñal e Ribeira, os International Trekkers Barbanza Sar lanzámonos a organizar a primeira camiñata pública de ultrafondo (100 kilómetros) de Galicia.
A andaina percorre vales, montes, beiramar, regos e ríos, e nun 85% lonxe do asfalto. Se nunca fixeches unha andaina de 100km en 24 horas, este pode ser un fermoso reto para o 2014. Se xa fixeches algunha, esta non é a máis dura, pero si que é das máis bonitas, ó ter vistas de duas rías e poder ver dende Fisterra ata Oia, toda a costa sur galega.
A andaina non ten restriccións de tempo: Pódela facer a correr, a trotar, a andar, ou indo á pata coxa, pero tes que chegar antes de 24 horas. Está deseñada para que sexa posible para unha persoa afeita a facer andainas de 50km. Imos facer 100km. Vés?
O percorrido do 2014 percorre os seguintes lugares, entre outros:
- Boiro (praza do Concello)
- Petróglifo da Pedra de Cubeliño, en Cespón
- Castro do Neixón
- Sendeiro do Río Grande, Cespón
- San Ramón de Bealo
- Taragoña
- Praia da Torre (Rianxo)
- Sendeiro do Río Te, Rianxo
- Hórreo do Araño
- Castro Barbudo
- Sendeiro do Río Beluso
- San Lourenzo
- O Confurco
- Tállara, Lousame
- Guiende, Lousame
- Monte Iroite
- A Balconada sobre a ría de Noia / Porto do Son
- Anta Casota do Páramo
- Chans do Barbanza
- Monte Barbanza (punto máis alto do percorrido)
- Curro do Barbanza
- Os Forcados
- A Curota
- Moldes
- Palmeira, Ribeira
- Praia de Cabío
- A Pobra do Caramiñal
- Pazo da Mercé
- Praia de Barraña
- Regreso a Boiro
Apuntarse ós 100 dos International Trekkers de 2014 é moi simple a través do pagamento seguro da pasarela PayPal. Cunha tarxeta de creto (Visa, Master Card), podes facer o pagamento da andaina.
Do 15 de xaneiro ó 28 de febreiro o custe da inscrición é de 40€.
A partir do 1 de marzo e ata o 10 de xuño, a inscrición pasa a ser de 50€.